
s en redes sociais e cambios na tendencia, por Laura López de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño 3hf4r
Descripción de s en redes sociais e cambios na tendencia, por Laura López de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño 442q3n
Laura López, de "Actual Comunicación Amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos dos s en redes sociais e cambios na tendencia. 🔊"Segundo o informe We Are Social e Melwater, en febreiro de 2025 eramos máis de 5.200 millóns de s activos a nivel global en redes sociais". 🔊"Facebook segue a ser a rede social máis empregada, con 3.070 millóns de s". 🔊"Aínda que máis de un 40% dos s da rede están presentes en X, é a cuarta rede social que máis se abandona". 📢Se sentimos que o día a día vai a un ritmo vertixinoso, no que se refire a cambios no ecosistema dixital, esta velocidade aínda é maior. Fai uns anos aínda tiñamos conta activa en Tuenti e agora xa hai s que non saben que foi iso. Logo diciamos que Facebook estaba morto e que o formato de vídeo vertical breve era o rei das plataformas sociais. Pois ben, hoxe vimos a desmentir algunhas das -cremos- crenzas máis estendidas relacionadas coas plataformas dixitais e descubrir cales son as máis empregadas neste momento. ✅Un pequeno repaso dos datos a nivel mundial Segundo o informe We Are Social e Melwater, en febreiro de 2025 eramos máis de 5.200 -o que representa un 63,9% da poboación mundial- millóns de s activos a nivel global en redes sociais. Desta cifra, 39,7 millóns eran españois. Por outra banda, a media de uso diario, a pesar de seguir sendo moi elevado, vén de reducirse en dous minutos, e sitúase agora en 2 horas e 21 minutos. O que si segue a subir é a media de aplicacións, que se sitúa en 6,8 por . ✅Facebook segue sendo o rei Sentíndoo moito para eses detractores de Facebook, a primeira rede social de Zuckerberg segue a ser a rede social máis empregada, con 3.070 millóns de s. O que si decrece é o interese por seguir páxinas das marcas en Facebook pero, aínda así, as máis exitosas superan os 150 millóns de seguidores (neste caso, Cristiano Ronaldo con 170 millóns, Samsung con 162 millóns e Facebook App con 150 millóns). ✅O retorno de YouTube Nos últimos meses, Youtube está en boca de todos. E é que plataformas como IPMark xa aseguran que a plataforma de vídeo volve a gañar relevancia coa aposta dos creadores de contido por este medio. Dende novos creadores de contido ata outros máis consolidados coo Ibai que aseguran que a comunidade en YouTube é moi optimista e os influencers pódense mostrar a si mesmos sen a presión de ter que publicar diariamente como ocurre noutras redes como Twitch. En definitiva, segundo datos do mes de febreiro, YouTube é actualmente a segunda rede social máis empregada, con 2.530 millóns de s e un billón de horas de vídeo diarias. E, como curiosidade, os tres vídeos musicais máis vistos son Baby Shark, Despacito e Johny Johny Yes Papa. ✅Instagram e os talking carousels Instagram segue no podio con 2.000 millóns de s activos. Sinálase que esta plataforma segue a medrar e non só consigue fidelizar novos s, senón que tamén atrapa novos creadores de contido. Ademais, xunto con Facebook, é o medio que máis tráfico de referencias xenera desde redes coais. Por outra banda, se ben segue a medrar en s, tamén segue a innovar e cambiar realizar pequenas modificacións nos seus formatos. Nos últimos meses hai un novo formato que algúns creadores de contido o definen como “o formato máis viral 2025”, os talking carousels. E en que consisten? Están baseados na mesma dinámica que un reel e aproveitan o tirón que están tendo agora mesmo os carruseis. Isto é, teñen a mesma narrativa que un reel falado pero en formato carrusel, de maneira que o pode escoller o ritmo ao que consome o contido e a mensaxe, algo esencial que está a facer que os carruseis gañen cada vez máis importancia. ✅TikTok TikTok é a cuarta rede social máis empregada, con 1.590 millóns de s. Ademais,, ten unha das medias de engagement rate máis altas para contas de empresa: 3,70% (considérase unha cifra moi boa a partir do 3%). Esta plataforma posiciónase como especialmente importante (e un reto tamén) para as empresas, xa que coa chegada de TikTok Shop será especialmente importante para Ecommerce. ✅E que pasa con X (Twitter)? Aínda que máis de un 40% dos s da rede están presentes en X, é a cuarta rede social que máis se abandona. E é que para atopala no ranking de redes sociais máis empregadas hai que pasar primeiro por Facebook, YouTube, Instagram, WhatsApp, TikTok, WeChat, Telegram, Messenger, Snapchat, Douyin (o TikTok chinés), Kuaishou (plataforma chinesa de vídeos curtos e transmisións en vivo), Reddit e Weibo (plataforma chinesa similar a Twitter). E por que está a xente abandonando X? Polo seu dono, Elon Musk. Entre outras cousas, durante a investidura de Trump, o propietario de X realizou un xesto que foi interpretado por moitos como un saúdo nazi, polo que moitas personalidades e s decidíronse a pechar as súas contas como sinal de protesta. Outro motivo, quizais aínda máis importante, é a percepción de que X promove contidos alarmantes, incluíndo teorías de conspiración de extrema dereita ou racismo. É dicir, estase criticando por promover a desinformación e o odio e, de feito, medios como The Guardian teñen cerrado as súas contas oficiais, calificando a plataforma de tóxica. Porén, outros medios como Maldita precisamente para combater esta desinformación, néganse a abandonar a plataforma, para non deixar que “os desinformadores gañen a batalla” e, máis aínda, tendo en conta que os s cada vez máis infórmanse en redes sociais. ❓Pregunta próxima semana: que redes alternativas ás máis populares empregades? 👉Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño: ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion ✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/ 🎙️"SUSCRÍBETE" ao podcast.👍 👉MÁIS ENTREVISTAS: https://ivoox.futbolgratis.org/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html 👉Máis Información e outros contidos: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas 3h3eg
Comentarios de s en redes sociais e cambios na tendencia, por Laura López de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño 54185y