O comercio electrónico está nun momento de evolución constante, por Laura López de ACTUAL COMUNICACIÓN - amodiño 23471l

26/05/2025

Laura López, de "Actual Comunicación Amodiño", empresa que se adica á xestión da...

Laura López, de "Actual Comunicación Amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe fálanos do Comercio electrónico.

🔊"O comercio electrónico está nun momento de evolución constante, impulsado pola tecnoloxía, os cambios nos hábitos de consumo e as expectativas crecentes dos s".

🔊"A nivel mundial, as vendas globais de comercio electrónico alcanzaron os 6,09 mil millóns de dólares en 2024".

🔊"Comercio móbil (m-commerce). O móbil xa non é só unha ferramenta de consulta: converteuse na principal plataforma de compra. Máis do 60% das compras online a nivel mundial xa se fan desde smartphones".

📢 O comercio electrónico está nun momento de evolución constante, impulsado pola tecnoloxía, os cambios nos hábitos de consumo e as expectativas crecentes dos s. E a súa importancia non é para menos, xa que máis da metade dos internautas mercan, cando menos, un produto ou servizo online cada semana.

💡Consolidación dixital e expansión

O comercio electrónico en España continúa a medrar, prevéndose que alcance un volume de negocio de 37.911 millóns de euros en 2025, un aumento significativo respecto aos 27.000 millóns de euros rexistrados en 2022 . E cales son os motivos deste crecemento imparable?

✅ • Dixitalización acelerada: a pandemia acelerou a adopción de canles dixitais tanto por parte dos consumidores como das empresas, consolidando hábitos de compra en liña que chegaron para quedarse.

✅ • Expansión das compras móbiles: cada vez máis consumidores utilizan os seus dispositivos móbiles para realizar compras, o que levou ás empresas a optimizar as súas plataformas para ofrecer unha experiencia fluída en smartphones e tablets.

✅ • Mellora dos servizos loxísticos: a rapidez nas entregas, as opcións de envío gratuíto e a posibilidade de devolucións sinxelas contribuíron a aumentar a confianza dos consumidores no comercio electrónico.

✅ • Diversificación de sectores: aínda que a moda e os produtos electrónicos seguen sendo os sectores máis populares, outros como alimentación, fogar e saúde están experimentando un crecemento notable.

💡O comercio a nivel global

A nivel mundial, as vendas globais de comercio electrónico alcanzaron os 6,09 mil millóns de dólares en 2024, representando un aumento do 8,4% respecto ao ano anterior. Espérase que en 2025 esta cifra ascenda a 6,56 mil millóns de dólares. Algunhas tendencias destacadas a nivel global poderían ser:

✅ • Dominio de China e Estados Unidos: estes dous países continúan liderando o sector, con vendas combinadas que en 2023 superaron os 2,32 mil millóns de dólares.

✅ • Crecemento do comercio móbil: as vendas a través de dispositivos móbiles alcanzaron os 2,07 mil millóns de dólares en 2024, superando os 1,71 millóns rexistrados en 2023.

✅ • Aumento do comercio social: as redes sociais están a converterse en canles clave para o comercio electrónico, permitindo aos s descubrir, avaliar e comprar produtos sen saír das súas plataformas favoritas. Espérase que neste ano as vendas a través de redes sociais alcancen os 2,9 mil millóns de dólares a nivel mundial.

💡As tendencias do ecommerce

✅ 1. Comercio móbil (m-commerce). O móbil xa non é só unha ferramenta de consulta: converteuse na principal plataforma de compra. Máis do 60% das compras online a nivel mundial xa se fan desde smartphones, polo que as marcas deben garantir unha experiencia totalmente optimizada en móbiles, desde a navegación ata o pago.

✅ 2. Intelixencia artificial e automatización. A IA está a transformar o ecommerce con recomendacións personalizadas, chatbots 24/7, predición de tendencias e optimización de prezos. Plataformas como Shopify, Amazon e Zalando xa aplican algoritmos para suxerir produtos segundo o comportamento do .

✅ 3. Realidade aumentada. Especialmente en sectores como a moda, beleza e decoración, a realidade aumentada permite aos s "probar" produtos virtualmente antes de compralos. Isto reduce devolucións e aumenta a confianza na compra.

✅ 4. Ecommerce sostible. Os consumidores son cada vez máis esixentes en cuestións medioambientais. As marcas que ofrecen opcións de envío sustentable, embalaxe ecolóxica e produtos éticos están a gañar preferencia. Segundo Statista, máis do 60% dos consumidores europeos afirma que pagaría máis por produtos de marcas responsables.

✅ 5. Social commerce. Vender directamente en redes sociais (Instagram, TikTok Shop, Facebook Marketplace) é cada vez máis frecuente. Non obstante, tamén medra o "social selling” indirecto, é dicir, usar as redes para construír comunidade e notoriedade de marca sen empuxar á venda directa.

✅ 6. Comercio por subscrición. Cada vez máis marcas están adoptando modelos de subscrición para garantir ingresos recorrentes. Funciona ben en produtos de uso frecuente (cosmética, alimentación, libros, roupa interior, etc.).

✅ 7. Live Shopping. O live commerce ou compras en directo combina entretemento con ecommerce. Influencers ou marcas fan retransmisións en directo nas que mostran produtos e interactúan cos espectadores. En China, este modelo xa representa máis do 10% das vendas online. En Europa, TikTok e Instagram están a explorar esta funcionalidade activamente.

✅ 8. Pagos flexibles e Buy Now Pay Later. O pago fraccionado sen intereses está a converterse nun estándar, especialmente entre as xeracións máis novas. Ferramentas como Klarna, Scalapay ou SeQura permiten aos s comprar agora e pagar en 3-4 prazos sen custo adicional.

✅ 9. Experiencia omnicanle. O cliente esixe unha experiencia coherente entre tenda física, ecommerce, redes sociais e atención ao cliente. As marcas deben integrar todos os puntos de o para ofrecer unha viaxe fluída.

❓Pregunta próxima semana: cantas redes sociais empregades?

👉Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño:

✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/

✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion

✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom

✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/

🎙️"SUSCRÍBETE" ao podcast.👍

👉MÁIS ENTREVISTAS: https://ivoox.futbolgratis.org/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html

👉Máis Información e outros contidos:

✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas

✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas

✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/

✔️Clubhouse: @pablochichas

✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas

SALTA DA CAMA martes 27-05-2025 (programa completo) 8 días 01:26:45 REDFLAGS E LÍMITES COA FAMILIA, por Verónica Barros, de BARROS PSICOLOGÍA 8 días 17:16 SALTA DA CAMA mércores 28-05-2025 (programa completo) 7 días 01:27:46 RICAS e FAMOSAS, repaso ás portadas das revistas do corazón 28-05-2025 7 días 06:36 SALTA DA CAMA xoves 29-04-2025 (programa completo) 6 días 01:26:43 Ver más en APP Comentarios del episodio 33536n