Descargar APP gratis en APP Store n3z6v
Descargar APP gratis en Play Store
Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul..., músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos...
Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul..., músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos locais, datas de concertos, conversas, falamos de lingua e de cine, escoitamos músicas e grupos inolvidables, coñecemos propostas das persoas máis novas, desfrutamos de recomendacións lectoras, ...todo isto e moito máis, cada tarde, no programa Ensaiar é de Covardes. Coñecemos a experiencia de dúas profesoras de apoio de inglés en varios centros estradenses, Jordan de Indiana e Ruthie de Kentuchy, contamos tamén con Helena, a súa mestra de galego. Nova carteleira de MiniCinesCentral da Estrada. No espazo de Ocionautas, "Os Xoves dos Xoves", participan, Aligator e Clemente (PKO3), fálannos dos detalles do evento de freestyle e concertos que terá lugar mañá no Centro Xuvenil A Estación.